Isabel, a abella sen mel
Sinopsi
Cóntase a tristura da abella Isabel, que non se resigna a non poder facer o seu mel, por mor da ausencia de flores na selva, debido á contaminación e ao pouco coidado da natureza. Isabel vai á procura de flores cando vai coñecendo a diferentes animais que non poden axudala, ata que se atopa de cheo co coello Alexo que lle dará a solución.
PREDETERMINACIÓNS:
A literatura infantil ademais de divertir debe ensinar, os nenos identifícanse cos protagonistas, idealízanos, factor que debemos aproveitar a favor da convivencia entre as persoas, a cultura e o medio.
A finalidade deste relato ademais da diversión está no feito de contribuír á creación de habilidades e actitudes para entender a relación mutua entre home e medio. Coñecendo recursos para preservar a contorna, asumindo comportamentos de respecto e coidado do mesmo, así como valores de axuda, escoita e amizade.
Todos estes aspectos observanse ao longo do relato entre os diferentes animais. É por iso que para recalcar a importancia da non contaminación e do consumo responsabel foron escollidos para a ilustración materiais de reciclaxe.
- Col·lecció
- La casita esdrújula
- Matèria
- Álbum ilustrado, Lecturas en gallego
- Idioma
- Galego
- EAN
- 9788417679088
- ISBN
- 978-84-17679-08-8
- Depósito legal
- SE 1262-2019
- Pàgines
- 32
- Ample
- 24 cm
- Alt
- 17 cm
- Edició
- 1
- Data de publicació
- 02-09-2019