Marta Castro González

Marta Castro González

O seu nome é Marta. Nada no interior de Galicia, pero acollida nunha vila costeira. É mestra de educación primaria e especialista en audición e linguaxe e en pedagoxía terapéutica. Cre no poder dos contos como ferramenta educativa para transmitir valores, fomentar a empatía e estimular a imaxinación. Ademais, é unha apaixonada dos xogos de mesa educativos.

A súa experiencia con alumnado con neurodiversidade inspírana a crear un conto que reflectirá o valor das diferenzas e o poder da inclusión.