Iván Vilar López
Monforte de Lemos, 1999
Naceu en 1999 en Monforte de Lemos. É mestre de educación primaria e técnico deportivo, apaixonado do mundo da actividade física e o deporte. Grazas aos valores adquiridos no seu fogar, desenvolveu unha forte vocación educativa e o amor pola cultura galega. Considera que a literatura infantil é unha ferramenta imprescindible para a aprendizaxe e, por iso, ten a escritura de contos como unha das súas afeccións, coas que crea historias que transmiten valores fundamentais e orientadas ao goce dos nenos e nenas. Mediante a súa actividade profesional, demostra que aprender, ler e moverse son actividades importantes que poden ir sempre da man.