BeiÑa

BeiÑa

Un día de 1975 naceu na Coruña, cidade herculina, unha nena curiosa con moita imaxinación e talento para crear, pintar, xogar, bailar, rir... Polas noites asomábase á ventá para contarlles ás estrelas e á lúa os seus medos e soños.

Desexaba poder curar os corazóns e facer felices a todas as persoas que a rodeaban, especialmente os máis pequenos. Á parte de artista, quería ser mestra para coidar e acompañar os bebés. Eterna soñadora e en constante aprendizaxe, agradece todos os días a súa fortuna, poder ter ao seu lado grandes mestres para a vida (os/as nenos e nenas, as súas familias e a súa propia). Este conto é un xesto de gratitude, unha aperta desde o seu corazón.

Mestra de educación infantil de vocación desde que teño uso de razón e unha eterna soñadora. Gústame acompañar desde o corazón, desde o dar e o compartir. En constante aprendizaxe interior e persoal e afortunada por poder traballar con grandes mestres e mestras (os peques e as súas familias). Este conto é un xesto de agradecemento. Unha aperta para moitos desde o meu corazón.